Ler, ouvir e cantar... con Mamá Cabra

O grupo presenta Ola, ola, la!, un proxecto que inclúe disco, libro e karaoke

14/3/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Un disco que é tamén un conto ilustrado e que ademais ten versión en karaoke. Esta é a última aposta que fai o grupo Mamá cabra para os máis novos. Ola, ola, la! chega da man de Galaxia cun texto de Gloria Sánchez que enfía as letras das cancións nunha única historia, mentres as ilustracións deste traballo corren por conta de Kristina Sabaite. Os interesados en contemplar en directo o espectáculo correspondente a este lanzamento, teñen a ocasión nos concerto que o grupo está a realizar no marco do programa de dinamización lingüística Bocaberta.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mamá Cabra, Gloria Sánchez, Kristina Sabaite, Espectáculo...