Mamá Cabra lanza Xa me tardan estes Magos

O libro disco céntrase en cancións para o Nadal

25/10/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A seguir co formato de libro-disco que xa empregaran en Ola, ola, la!, Mamá Cabra recunca coa editorial Galaxia e presenta Xa me tardan estes magos. A obra, que conta con ilustración de Kristina Sabaite recolle composicións sobre textos de Antón Cortizas, Gloria Sánchez, Antonio García Teijeiro e Gloria M. Roel, vocalista do grupo. A ambientación de Nadal e as panxoliñas predominan na obra, pensada para o esas festas, con temas como Tres Reis en Bicicleta, que se pode escoitar de balde no web da editora.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mamá Cabra, Nadal, Antonio García Teijeiro, Antón Cortizas...