Mamá Cabra volta con Bicos de música

O libro-disco inclúe un DVD que amosa un día na vida do grupo

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Bicos de música

Bicos de música

As librarías están a recibir esta mesma semana Bicos de música, o último lanzamento do grupo Mamá Cabra. Da man da Editorial Galaxia, o proxecto inclúe un libro ilustrado coas letras das cancións, un CD con dez temas cantados e dez pistas só coa música e os coros para cantar por riba e mais un DVD con karaoke e vídeos no que se segue un día completo na vida do grupo. O estilo habitual do grupo, con letras festivas e coreografías que acompañan os temas mantense neste proxecto, que de certo há ser un dos agasallos máis solicitados para os máis novos no vindeiro Nadal. O volume gravouse nos estudios Edisco da Estrada.

O volume presentarase o vindeiro 23 de novembro cunha actuación na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mamá Cabra, DVD, Nadal, Editorial Galaxia...

Claves

Protagonistas
Conceptos