Galaxia reedita Cartas que veñen e van de Mamá Cabra e Susa Herrera

O libro-CD conta con ilustracións de María Lires na súa nova versión

10/12/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O libro-CD Cartas que veñen e van, con cancións de Mamá Cabra e textos e letras de Susa Herrera saiu á luz en 2006 en galego e castelán da man da editorial Primerapersona, ilustrado por Lorena Pita. Agora, Galaxia recupera este volume e preséntao en galego nunha nova edición ilustrada desta volta por María Lires. Os temas presentan forma de cartas dirixidas a lobos, osos, gatos ou ao Pai Nadal e que convidan aos máis pequenos a cantar e a xogar. A Casa do Libro de Vigo, o 14 de decembro e o Fórum Metropolitano da Coruña, o 2 de xaneiro, acollerán os concertos de presentación da xira que o grupo vai desenvolver a partir deste lanzamento.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Susa Herrera, Mamá Cabra, María Lires, María Lires...