Cancións que son receitas con Mamá Cabra en 'Eu cociño, ti cociñas?'

O novo libro-disco da formación achega a cociña saudable ás crianzas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Capa do libro_disco

Capa do libro_disco

Gloria Mosquera Roel e Tomi López, compoñentes do grupo de música infantil Mamá Cabra asinan como autores o libro-disco Eu cociño, ti cociñas? (Sonárbore de Editorial Galaxia, 2017) que supón un dos novos espectáculos de Mamá Cabra. Música, teatralidade e alimentación xúntanse nesta proposta que parte dun proxecto do mesmo nome que se ven levando a cabo desde hai anos no CEIP Sigüeiro impulsado polas mestras María Salgado e Pilar Rivas e que amosa ás crianzas as virtudes da alimentación saudable feita por un mesmo. O libro-CD presentouse recentemente na feira Culturgal e ofrece un contido ilustrado por María Lires cheo de receitas e de cancións para que os pequenos e as pequenas da casa se acheguen sen medo á cociña cun ánimo e unhas bases saudables ao mesmo tempo que cantan e se divirten. A formación acaba de abrir tamén a súa propia canle en You Tube para facilitar o acceso aos seus vídeos.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mamá Cabra, María Lires, María Lires, Feira...