Un ciclo amosa o traballo das bolseiras de música da Deputación a Coruña

Rosalía Gómez Lasheras, Patricia Cadaveira, Ana Yáñez e Alma Sarasola actúan o 6 e o 7 de xaneiro no Teatro Colón

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Un ciclo amosa o traballo das bolseiras de música da Deputación a Coruña

Sons para un regreso é o título do ciclo de concertos que amosa estes días 6 e 7 de xaneiro o traballo das bolseiras de música da Deputación da Coruña. Na primeira das xornadas a cita achega ao teatro Colón o traballo da pianista Rosalía Gómez Lasheras, que desenvolve a súa carreira ao longo de escenarios de toda Europa, Oriente Medio ou Estados Unidos e da saxofonista Patricia Cadaveira, que combina o labor de compositora coa de instrumentista e docente e que botou a andar ademais o proxecto Marés Sonoras.

Na segunda sesión Ana Yáñez, dará un recital co seu trío de guitarras Tres Trastes, mentres Alma Sarasola achegará o seu traballo co Quinteto InVento. Ademais dos concertos, o ciclo inclúe faladoiros do xornalista Anxo Quintela con cada unha das protagonistas do evento para dar a coñecer o seu traballo.

As catro músicas son antigas beneficiarias das bolsas de perfeccionamento de estudos artísticos da Deputación da Coruña, que organiza este encontro coa intención de dar a coñecer en Galicia carreiras que en moitas ocasións se desenvolve fóra do noso país.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Teatro Colón, Deputación da Coruña, Europa...