O pasado venres presentábase ao público a primeira programación do Teatro Colón integrado no Instito Municipal Coruña Espectáculos e baixo a dirección de Bettina Kohlhaas. Os concertos de Selección Noroeste, vencellados ao festival do mesmo nome, preséntanse como unha das principais bazas da temporada, con nomes como Roy Ellis (4 de outubro) MarÃa Arnal e Marcel Bagés (10 de novembro) ou El Niño de Elche (13 de decembro). Canda a eles desenvolvaranse propostas como a Semana das Músicas do Audiovisual, a Festa da Música Galega, o Festival de Artes pola Inclusión Social Festi= ou o ciclo Nadal no Colón, que ao longo do mes de setembro achegará ao teatro o Chicago Mass Choir (dÃa 20), Orquestra Gaos (21), Carlos Núñez (22), Furious Monkey House (23), Nacho Vegas (27), Contos na Lareira (28), Pep Bou (3 de xaneiro) e a Orquestra de Nenas e Nenos da Sinfónica de Galicia (4 de xaneiro).
Outros ciclos que fan parte do programa son Arredor da lingua, orientado a narración oral, poesÃa e outras manifestacións de riqueza lingüÃstica, o In cámara (en primavera) e Out Cámara (no outono) dedicados á musica de cámara ou histórica. Haberá un espazo para o audiovisual baixo o epÃgrafe Cinema Experience orientado a propostas autorais, outro para "o talento, investigación, transformación e innovación" co tÃtulo de ciclo T+I+D e ainda outro co tÃtulo Ciclo da Biodiversidade con concertos que amosan a riqueza cultural, ademais de propostas para público familiar nos domingos.
Segundo destacou o edil de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sante, a nova programación "vai complementar, enriquecer e non solapar, ao resto de recintos municipais. Contribuirá á diversidade e á excelencia cultural, tanto nas súas manifestacións, como na propia filosofÃa da súa programación".