Música, artes escénicas, fotografía e arte atópanse no III Festi=

A Coruña acolle a programación do Festival de Artes polas Inclusión Cultural ao longo de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Música, artes escénicas, fotografía e arte atópanse no III Festi=

O Festival de Artes pola Inclusión Cultural, Festi=, desenvolvido pola Fundación Emalcsa en colaboración co Concello da Coruña, chega este mes de novembro á súa terceira edición. Obradoiros, rutas inclusivas, concertos, teatro, audiovisuais ou exposicións danse cita nun programa que arrinca o vindeiro día 8 coa estrea da representación teatral Construíndo Soños, da Asociación Diversos, que tamén presentará o fotolibro Buenos Aires.

A exposición de fotografía Taigeto, Sueños y Normalidad da Asociación Poten100mos, un concerto de Músicas inclusivas e participativas a cargo de Asociación Tres por Cuatro e Robert Pier ou a exposición Encajando a Seoane son outras das propostas incluídas no programa. O Centro Ágora acollerá o vindeiro 1 de decembro o feche da edición cun concerto da orquestra de cámara galega, dirixida por Rogelio Groba e unha actuación actuación especial de De Vacas.

Que che parece esta nova?
93 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Artes Escénicas, Teatro, Exposicións...