As itinerancias e Internet incrementaron a cifra de visitantes da Cidade da Cultura

Os participantes nos programas culturais acadan case os 230.000 usuarios en 2021

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:

A Cidade da Cultura fixo balance do número de participantes nas súas actividades culturais. Ao longo de 2021 case 230.000 persoas participaron do programa cultural do edificio, o cal supón un incremento, segundo a Xunta, dun 20% con respecto a 2019, antes da pandemia. O goberno explícao a partir do programa de itinerancias das exposicións producidas polo centro e que chegaron a diferentes cidades galegas, polo enorme éxito da exposición Faraón, rei de Exipto, que acadou a cifra máis elevada de exposicións da Cidade da Cultura en toda a súa historia, con 77.000 persoas, e polas accións en liña levadas a cabo pola entidade para compensar as dificultades da situación de pandemia. A Cidade da Cultura sinalou tamén o elevado número de eventos externos celebrados nestas instalacións -380-. Os datos confirman "a tendencia á alza que mantén a Cidade da Cultura desde a súa inauguración, só interrompida durante o ano do confinamento", sinalan desde a propia web do equipamento.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Internet, Exipto, Cidade da Cultura de Galicia

Claves

Lugares