A Cidade da Cultura acolleu ao longo de 2019 un total de 186 actividades culturais ás que asistiron un total de 191.308 persoas, segundo revela a memoria que o complexo do Gaiás acaba de publicar na rede. Delas, a grande maiorÃa das visitas, 129.004, achegáronse atraÃdas polas diferentes exposicións que se desenvolveron ao longo do ano, o que supón case o duplo do público neste tipo de actividades que durante 2018.
Destas mostras, Castelao maxistral, que se puido ver entre o 5 de outubro de 2018 e o 3 de marzo de 2019 sumou un total de 40.295 visitas, das que 17.987 foron no último ano. Valor e mestrÃa.Galicia como fútbol, pola súa banda, rexistrou 36.880 visitantes, mentres a mostra de artesanÃa Pensar coas mans contou 29.643. Galicia, un relato no mundo acadou nos dous meses escasos en que se puido ver durante 2019 21.767 persoas, mentres Argallar que achegaba a arquitectura ao público familiar contou 14.421 participantes.
As outras 62.304 persoas que participaron en actividades culturais no recinto achegáronse a eventos como o ciclo Atardecer no Gaiás (máis de 10.000 persoas), ao encontro de cultura popular Serán´02 (2.569), ao Festival de Bandas InfantÃs e XuvenÃs (2.690), ou ao festival Escenas do Cambio (1.758). A isto súmaronse propostas como Pequefilmes (1.321), Cidade do Nadal (6.628), Magosto do Gaiás (250) ou Cidade Imaxinaria, que reuniu a máis 12.000 persoas nas dúas edicións que celebrou ao longo do ano e que se presenta como unha das iniciativas que atrae máis público. A cifra total inclúe tamén a participación en obradoiros vencellados ás diferentes exposicións.
Ademais, o complexo acolleu ao longo dos 12 meses que recolle a memoria un total de 418 eventos de diferentes tipos, desde entregas das Medallas de Galicia ata presentacións de empresas e institucións que reuniron un total a 63.074 persoas.
Segundo amosa o documento, en total ao longo de 2019 visitaron a Cidade da Cultura 1.152.380 persoas, o que suma 322.168 á cifra do ano anterior. A cifra total revela que a maior parte das visitas non están vencelladas á programación estritamente cultural do recinto. O reconto inclúe as entradas das persoas que traballan no lugar canda a usuarios de biblioteca, arquivo e outras instalacións.
Resumo das cifras da Memoria da Cidade da Cultura 2019
Resumo das cifras de visitas á Cidade da Cultura. Fonte: Memoria 2019 da Cidade da Cultura