O noso repaso ao 2021 vén marcado polos diferentes ritmos dos sectores culturais. Para o editor Henrique Alvarellos, a literatura estivo en primeira liña neste segundo ano de pandemia, como "táboa de salvación e antÃdoto" neste tempo de pandemia, no que tamén se descubriu "o valor das librarÃas de proximidade". A arquitecta Teresa Nieto ve claro que neste 2021 a paisaxe foi un tema central que canalizou decisións polÃticas como a aprobación das Directrices da Paisaxe, estivo no centro do debate sobre a candidatura da Ribeira Sacra ou foi obxecto de debate sectorial. Eles botan un ollo desde o noso mirador a este ano que pasou.
--------------------------
A lectura como antÃdoto
Por Henrique Alvarellos
Director de Alvarellos Editora. Presidente da Asociación Galega de Editoras.
O libro e a edición en Galicia neste 2021 estiveron protagonizados, por unha banda, polas Letras Galegas dedicadas á poesÃa renovadora e retadora de Xela Arias, unha homenaxe que volveu seducir e conectar dun xeito especial con amplos públicos, como sucedera por exemplo, unha década antes, con Lois Pereiro.
En maio, unha nova Gala do Libro Galego, que este ano 2021 estreaba nome: «Premios Follas Novas», e recoñecÃa a obra, entre outros, de Ana RomanÃ, Suso de Toro, Xurxo Mariño, nunha acción conxunta que impulsamos os gremios das editoriais, das librarÃas e a asociación de escritoras/es.
Se o ano principiaba con Xela, no outono chegaba un novo Premio Nacional para as nosas Letras (e contamos con máis de vinte, e en todos os xéneros), desta volta, en Narrativa: as Virtudes (e misterios) (Galaxia) de Xesús Fraga, unha magnÃfica novela que conta a emigración dende a parte dos retornados, e dende a narrativa "do eu".
En decembro chegaron os Premios Xerais, cun inédito dobre recoñecemento para Berta Dávila, inédito pois era a primeira vez que alguén vencÃa en dous dos tres premios, neste caso, Novela (con Os seres queridos) , e o Jules Verne de Literatura xuvenil (con Un elefante na sala de estar). Mentras, a multipremiada e supervendas viguesa Ledicia Costas conseguÃa o galardón en Literatura Infantil con O neno de lume.
2021 foi o segundo "ano covid". O confinamento fixo descubrir en moitas persoas o valor do libro e da lectura, como táboa de salvación, como antÃdoto. E descubrir tamén o valor das librarÃas de proximidade, ese lugar de afectos onde poder mercar e conversar arredor dos nosos libros favoritos.
Ante a incerteza sanitaria do 2022 só nos queda desexarvos a todos saúde, sorte... e as mellores lecturas, eses asideiros que nunca fallan, mesmo en pandemia.
--------------------------
Un ano de paisaxe
Por Teresa Nieto Freire
Arquitecta da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia e especialista nos Camiños de Santiago
Este ano 2021 falouse de paisaxe. Iniciamos o ano coa aprobación das Directrices da Paisaxe que recollen medidas, normas e recomendacións cara a un desenvolvemento sostible do territorio, no que se integren os obxectivos de calidade paisaxÃstica. Despois, ao longo do ano, fomos coñecendo a ameaza que supoñen para a conservación das nosas paisaxes os moitos parques eólicos que pairan sobre Galicia.
Falouse, menos, de paisaxe cultural. Algo arredor da candidatura da Ribeira Sacra, xunto con Sálvora unha das dúas paisaxes culturais protexidas en Galicia, que pretende a súa inclusión na Lista de Patrimonio Mundial. Falamos de paisaxe cultural no Foro Patrimonio e Sociedade, chamando a atención sobre a ausencia da dimensión cultural no concepto de paisaxe que inspira as polÃticas de protección da paisaxe en Galicia e tamén sobre a necesidade de salvagardar as paisaxes culturais, que son máis que un conxunto de fragmentos, son un sistema patrimonial que engloba os valores culturais, materiais e inmateriais, dun territorio entendido como patrimonio.
Están as nosas paisaxes culturais ameazadas por graves riscos que ICOMOS puxo de manifesto no informe que emitiu sobre os valores da Ribeira Sacra: o despoboamento e a tendencia demográfica cara ao envellecemento da poboación que dificultan a custodia do territorio, ata facela imposible; as presións do desenvolvemento de infraestruturas como os parques eólicos ou as explotacións mineiras, cun impacto que se pode relacionar co que supuxeron os grandes encoros nos vales de Galicia; as presións ambientais da forestación, as especies invasoras, os cambios dos ecosistemas locais, os incendios forestais e tamén o cambio socioeconómico coa perda da actividade agraria e do seu papel na formación do carácter do territorio fronte a outras actividades económicas como os cultivos forestais ou o turismo.
Diante desas ameazas non son suficientes as medidas de protección, senón que son necesarias estratexias que impliquen todas as polÃticas públicas que afectan o territorio, tamén as económicas, que atendan á integración e harmonÃa e ao concerto dos usos e actividades no territorio cos seus valores. É tarefa para unha década ou máis e xa é tempo de iniciala neste 2022 que empeza.
Urxe unha caracterización e protección das paisaxes "consideradas como algo vivente, onde están estructuradas as paixóns dos homes, algo, todo o que pasou na vida, todo o que pasou ata no pensamento está rexistrado no paisaxe"(1). Unhas paisaxes que nas súas transformacións manteñan os valores identitarios que permitan ás xeracións futuras de galegos recoñecérense como pobo.
(1). Ramón Otero Pedrayo. A paisaxe galega, as súas leis e tipos. Federación de Sociedades Galegas, Bos Aires, 26 de xullo de 1947. Transcrición