Neste final de ano é momento de ollar cara atrás e comezar a descubrir cales foron as claves, os fitos e as tendencias deste ano 2021 pandémico. Son tempos de "precaria nova normalidade", en palabras da directora teatral Cristina DomÃnguez, quen aÃnda asà reivindica o ano 2021 coma de tres importantes producións teatrais que parten da memoria. O cineasta Adrián Canoura tamén destaca, na creatividade audiovisual, a "introspección", con liñas autobiográficas que remexen no arquivo familiar. E para o xornalista especializado en música Carlos Crespo este ano a pesar da "incerteza" e das numerosas estadÃas polas que pasamos, destaca todos os nomes novos que xurdiron nesta pandemia no ámbito da música, a consolidación de outros é a esperanza de que "a rexeneración musical en Galicia é transversal. Non se limita a un estilo ou tendencia concreta". Quedamos con eles para ver ao lonxe este ano que marcha.
--------------------------
No punto de ebullición
Por Carlos Crespo
Xornalista e pica discos. No xornal La Voz de Galicia leva a cabo o seu traballo como xornalista cultural especializado na música, e aos mandos da Duendeneta leva a música por toda Galicia, como fixo no proxecto "Os camiños das músicas galegas" co que percorreu 18 lugares ao longo dos camiños xacobeos levando unha sesión coa historia da música en galego.
Convimos en que as ilusións nos posuÃsen como a terra seca acolle ao orballo de mañanciña. Se cadra sen decatarnos do risco de desaparecer, como aquel, sen deixar rego nin frescura ningunha. Apostamos todo a dous números: 20 21, pero pecamos de inxenuos e a perversa boliña xogou con nós saltando a cada intre de cor en cor, xerando e truncando de seguido as nosas expectativas. Entre tanto, a música non deixaba de soar aÃnda que por momentos o que expresaba era áspera rabia e profunda amargura.
É complicado, senón directamente imposible, falar en termos absolutos da escena musical galega durante o ano que despedimos. Tantos foron os estadÃos polos que pasamos, as expectativas que xestionamos, as ilusións que nos creamos e as limitacións coas que convivimos, que nunca puidemos facer plans de futuro nin dotarnos dunha mÃnima sensación de seguridade y continuidade, imprescindible para asentar todo aquilo que deixaramos pendente do ano anterior.
AÃnda asÃ, e a pesar de que foi "incerteza" a palabra que sobrevoou, ameazante e atenazante, estes doce meses, o 2021 deixounos tamén sÃntomas e evidencias de que unha realidade hiper excitante asoma no noso horizonte musical, de que a renovación tantas veces demandada está ás portas de consolidarse e de que Galicia e a súa música están a punto de ebullición.
Nomes dos que antes da pandemia nin sabiamos da súa existencia, como Ortiga, Grande Amore, Verto, Laura Lamontage & Picoamperio ou Boyanka Kostova convertéronse en grandes protagonistas do ano. E a rapazada responde con absoluta entrega -non hai mellor proba de éxito- ao seu reclamo. A súa presenza foi incuestionable e inevitable en canto festival e sarao se celebrase. E nalgún caso, como o de Ortiga, incluso máis alá do telón de grelos, outra vella (e primordial) aspiración.
Outros, aos que xa lles viñamos seguindo a pista dende antes, como Baiuca, Tanxugueiras, Bala, Chicharrón ou Sen Senra eclosionaron, chegando incluso moito máis alá do que xamais poderÃan ter imaxinado. Moitos deles e delas figuran xa entre os primeiros postos nas listas do mellor do 2021 de varias publicacións musicais de ámbito estatal.
Un fenómeno verdadeiramente estimulante e esperanzador é que a rexeneración musical en Galicia é transversal. Non se limita a un estilo, tendencia ou corrente senón que abarca por completo o espectro da escena musical. Con irrupcións tan excitantes como Caamaño & Ameixeiras no terreo do tradi; ou Peña, nesa mestura de folk e música popular; de Elba ou Allova nese fértil territorio no que conflúen electrónica e pop; de Terrae ou Tandub, na fusión intercontinental ou de Dani ou Secho, nesa sutil confluencia entre o pop e a canción de autor.
Nomes todos estes que se veñen a sumar aos clásicos (Guadi Galego, Xabier DÃaz, UxÃa, Sés, Carlos Núñez no 25 aniversario do seu 'A Irmandade das Estrelas', Xoel López, Andrés Suárez, Novedades Carminha, Triángulo de Amor Bizarro...) que son quen, non só de manterse sen perder vixencia senón de afianzar a súa oportuna e tan necesaria condición de referentes.
Se a todo isto lle engadimos que esa mesma efervescencia acontece en escenas como as do hip hop, do metal, da electrónica, do jazz ou do blues, afianzaremos esa sensación de estar ante algo moi grande, ante algo que consolida definitivamente iso que DakidarrÃa resumiron de xeito tan atinado na súa última creación: somos un "pobo de artistas".
--------------------------
O (re)Inicio
Por Adrián Canoura (Burela, 1991)
Cineasta e videocreador. O seu nome está detrás dalgúns proxectos audiovisuais ligados á música máis recoñecidos como Nistra o Baiuca e outros proxectos audiovisuais documentais ou artÃsticos alternativos. Como realizador asinou 'Caerán lóstregos do ceo' (2018), 'Salitre nas veas' (2017), 'O Porco e o seu espírito' (2017), 'REXISTROS' (2019) e 'Da morte nace a vida' (2020).
0 2021 vén marcado polas subidas e baixadas das restricións en aforos, mobilidade e demais, un ano que parecÃa que si, e non sei se si ou se non. Certamente a nivel consumidor foi un ano complexo, no canto de poder asistir aos cinemas, aos espazos de arte, festivais...A nivel de creación tamén foi un ano raro, no que as citadas restricións conxestionaron un pouco o tráfico creativo galego.
A sensación que deu este ano, revisando as creacións que se presentaron dentro da gran variedade de festivais que temos no paÃs, é que nestes tempos xerminaron proxectos máis introspectivos, autobiográficos incluso, de arquivo familiar, de traballar co propio a pequena escala. Pero que non deixan de ser novas apostas formais e que fai florecer novos artistas con obras moi interesantes, e asà facer medrar o novo tecido contemporáneo galego.
Dentro desta proliferación de voces, formas, e creacións, porÃa en voga a obra de Brandán Cerviño, 'A comuñón da miña prima Andrea', onde o cineasta de Sober articula un cruce entre o documental e unha fantasiosa ficción a través dunha gravación da comuñón familiar coa que percorreu festivais de medio mundo, ata acadar un premio no prestixioso certame suÃzo Visions Du Réel. Seguindo na liña do cinema de festival, cabe mencionar o filme 'Eles transportan a morte', de Helena Girón e Samuel M. Delgado, que coa súa primeira longametraxe estrearon de cheo na semana internacional da crÃtica do festival de Venecia e vén de ser premiada en diferentes citas de todo o planeta. Outra das obras a destacar deste ano é a performance en vivo que tamén levou a cabo este dúo creativo dentro do seu foco Sinais no festival (S8) Mostra de Cinema Periférico de A Coruña. Unha das pelis que dará que falar durante o 22 é a recén estreada ' A virxe roxa', de Marcos Nine, que (re)constrúe a historia de Aurora RodrÃguez e a súa filla Hildegart a través dunha exhibición de material de arquivo poucas veces visto. Para dar nota da heterodoxia que existe no tecido audiovisual galego, a veces marxinal, cabe resaltar as performances visuais da artista dixital Marta Verde, que colaborou en boa parte das mellores propostas audiovisuais da penÃnsula. Na parte máis musical hai dous vÃdeos que para min rachan un pouco co canon de videoclip, e atrévense a mergullarse en estéticas máis plásticas ou abstractas como son as obras 'Videntes namoradas', de Marta Valverde e 'Highway to heaven', de Rubén DomÃnguez, ambas para a banda formada en Carballo, Chicharrón.
E, finalmente, como punto de encontro que está facendo que a nova creación galega entre en efervescencia, temos a galerÃa Solaina desde Lugo, capitaneada por AntÃa Carreira e Sergio Marey, onde podemos ver algunhas das obras máis frescas do panorama actual e na que as súas propostas navegan entre diferentes formas, desde o fanzine ata o videoarte máis vangardista.
--------------------------
A fráxil nova normalidade escénica
Por Cristina DomÃnguez Dapena
Profesora na Area de Voz da ESAD de Galicia e directora de Escena.
Botar a vista atrás para facer un resumo da vida escénica no ano 21, é un agridoce exercicio que nos leva a identificar momentos nos que se mesturan a vida cotiá e a vida escénica do paÃs. Asà por exemplo, o inicio do toque de queda en xaneiro coincidiu xusto coa estrea de O charco de Ulises, no CDG, onde o aforo permitido era mÃnimo. Esa foi a dinámica de todo un ano, no que do toque de queda pasamos ao peche dos teatros, e de aà a unha paulatina e fráxil recuperación que parece asentarse coa volta do aforo completo aos teatros. A incerteza é palabra habitual nestes tempos, mais nós imos preferir para este resumo a palabra "memoria", eixo común de tres espectáculos do 2021. Comezamos coa produción do CDG Terceiro acto, memoria dos cómicos do paÃs, contada dun xeito soberbio polos seus protagonistas. O aniversario da traxedia do Prestige foi o cerne de N.E.V.E.R.M.O.R.E, de Chévere en coprodución co CDN.
Finalmente a Quinta do Cuadrante e Incendiarias, da man de Manuel MarÃa e A lúa vai encuberta, asociáronse para analizar sen ningunha restrición, os feitos que desde a transición están a condicionar o noso presente. Máis non só de palabra vive a escena, e as artes do movemento amosaron a súa fortaleza creativa e técnica en estreas coma Serva me, servamo te, nun CDG que parece asumir a presencia regular do xesto e o movemento na súa programación. O novo circo tamén seguiu estreando, e un bo exemplo é Drop, de Pista Catro.
A escena galega persiste en crear e producir nunha precaria nova normalidade, e mesmo nos fatÃdicos 2020 e 2021 damos a benvida a novas compañÃas coma The Moving Pass, que mestura o teatro de obxectos co xesto, o Colectivo VACAburra nas artes do movemento que veñen de estrear Festina Lente, ou Vaiembora e Amorodio Teatro, estas últimas formadas por novas creadoras. Fundamental tamén a imparable internacionalización que está a ofrecer novas canles de exhibición e creación, por exemplo na temporada 21/22 do CDN con compañÃas referentes (Voadora, Chévere, e proximamente Matarile e A PanadarÃa) e coa dramaturga Esther Carrodeguas (próxima estrea). Finalmente sinalar unha triste despedida, a do pasamento do polÃtico e home de teatro Xosé Manuel Pazos; un aniversario, o número corenta de Sarabela Teatro, unha homenaxe, a gala dirixida por Quico Cadaval ao mestre Manuel Lourenzo e un premio, o da Cultura Galega, a Nova Galega de Danza.