O escritor de Forcarei Francisco Rozados resultou gañador do XX Certame de relatos Antón Avilés de Taramancos da Vila de Noia. O xurado elixiu por unanimidade a súa obra "Niscoventa", unha narración sobre un home fuxido nos primeiros anos do franquismo, na que o escritor xoga con dúas liñas temporais ao tempo. A trama, baseada en feitos reais, preséntase coma unha aventura cuxos protagonistas son dous membros dunha brigada antifranquista que eran canteiros de oficio. O tÃtulo da obra corresponde ao nome que na xerga dos canteiros se lle da aos paraugas. O xurado destacou a calidade literaria de "Niscoventa" e a súa estrutura narrativa "asà como a presenza de fermosas pasaxes poéticas que fan aÃnda máis agradable a súa lectura." O premio inclúe a publicación da obra e unha gratificación de 3.000 euros, ademais dunha escultura conmemorativa do artista noiés Alfonso Costa.