Quiosco: Boletín do Centro de Estudos Melidenses, número 34

Publica a primeira intervención arqueolóxica nun campo de furnas en Galicia

22/12/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: quioscohistoriapatrimonio
38 lecturas | Compartido 0 veces

O Museo da Terra de Melide acaba de publicar o número 34 do Boletín do Centro de Estudos Melidenses, unha emblemática revista de estudos locais. Desta volta, a revista inclúe os avances dalgunhas importantes escavacións arqueolóxicas levadas a cabo durante o proceso de construción da autovía A-54 Lugo-Santiago. Deste xeito, Emilio Ramil e Xurxo Broz avanzan un primeiro texto dunha das zonas escavadas no xacemento de Xesteira das Palinas, onde localizaron o primeiro campo de furnas considerado como tal dentro do territorio galego. Xosé Ramón Martínez Casal tamén presenta os resultados doutra destas intervencións de urxencia, que deu lugar á documentación dun poboado da Idade do Bronce en Richinol (Melide). Tamén Cristina Vázquez e Xurxo Broz dan conta das características do interior da Torre do Convento de Sancti Espíritus de Melide e Xosé Manuel Broz presenta novas achegas documentais e mobles ao patrimonio melidense.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
2 lugares identificados
Claves temáticas
Lugares