Camiñando ao paso de Cuevillas e Castelao

Publícase na rede o roteiro da Terra de Melide e o SEG

Publícase na rede o roteiro da Terra de Melide e o SEG
O pasado sábado celebrouse o roteiro "Tras os pasos do Seminario de Estudos Galegos na Terra de Melide", organizado polo Consello da Cultura Galega e o Museo da Terra de Melide. O roteiro explorou diferentes escenarios patrimoniais que o Seminario documentou durante o seu traballo de campo preparatorio para o volume Terra de Melide, o máis destacado dos estudos interdisciplinares acometidos polo equipo ao redor das comarcas galegas. Hoxe publicouse no web de Roteiros de culturagalega.gal unha versión interactiva para que calquera persoa poida percorrer o itinerario. Este inclúe unha visita a Santo Antoniño de Toques, o Forno dos Mouros, a Pena Moura, e diferentes localizacións da vila melidense.