O Seminario de Estudios Melidenses afonda no pasado cultural da vila

Buscando debaixo das pedras

En Melide houbo templarios e xudeos. Esta é a afirmación que fixo pública o director do Museo da Terra de Melide, Xosé Manuel Broz, no último boletín do Seminario de Estudios Melidenses. Unha iniciativa que pretende rastrexar no pasado cultural dun país que ten ademais, o inconvinte engadido, de pretender achar trazos de dúas culturas que foron borradas e desterradas da súa historia. E se en Melide pretenden achar trazos do pasado, en Sarria, os colectivos culturais de sete concellos sarrianos únense para coordinar os actos das súas asociacións culturais. E a primeira meta que se fixan para o seu traballo é a de organizar por tdoo o alto unha semana cultural con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.

Seminario de estudios melidenses

O Seminario de Estudios Melidenses acaba de editar a última versión do novo boletín. Unha publicación, na que o director do Museo da Terra de Melide pretende iniciar unha liña de investigación centrada en atopar na comarca pegadas que amosen a presencia de templarios e de xudeus. Unha hipótese que sustenta nun estudios exhaustivo do burgo medieval dominado pr un castelo que foi o Melide doutro tempo. Neste estudio, Broz especula que a portada medieval da nova sé do museo, puido pertencer á fortaleza que dominaba a vila. Un momento no que se podería documentar a presencia na Orde do Temple, e que tamén se sustenta nun documentdo de 1292, que nomea a casa do templo, o que é unha referencia inequívoca a estar orde militar e relixiosa presente no Camiño de Santiago.
E iso no que respecta ós membros da Orde de Temple, porque ademais, neste mesmo número da publicación de afirma a existencia de que nesta zona houbo unha comunidade xudea. Algo que se aprecia nos topónimos (Golázn, Mácara), nos gremios, e na existencia de documentos que proban a existencia dunha procesión similar á de Ribadavia, na que se representaban esceas do Antigo e Novo Testamento.
O Boletín aporta ademais, outra serie de referencias que dan conta da construcción da nova e actual sé do Museo, que ivo un custo de 170.000 euros (algo máis duns 28 millóns de pesetas).











Coordinadora contra o esmorecemento cultural


Últimamente estabase a falar do esmorecemento de actos relativos ó Día das Letras Galegas. E para contrarrestar este efecto negativo nesta data de exhaltación da cultura, os colectivos culturais da comarca de Sarria decidiron agruparse para conseguir celebrar este día por todo o alto. Así as asociacións culturais dos municipios de Paradela, Láncara, Samos, Triacastela, O Incio e Sarria terán conxuntamente unha semana cultural que celebrarán o vindeiro mes de maio do 2002, co motivo de celebración do Día das Letras Galegas. E os eventos xa propostos e aprobados por esta coordinadora inclúen, un certame literario para escolares, e conferencias ou mesas redondas (con personalidades aínda por definir) para o día propio das Letras (o 17). Pero os actos non se restrinxen única e exclusivamente a este día, senón que teñen previsto a celebración dun festival folclórico no que intervendrán grupos locais dos concellos da comarca que rematará cunha cea aberta a todo o mundo. Completan o programa de actos festivos unha semana chea de representacións teatrais, conferencias e exposicións.