Un roteiro segue os pasos do Seminario de Estudos Galegos pola Terra de Melide

Realízase este sábado 10 de xuño e inscrición é obrigatoria e de balde

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O Consello da Cultura Galega e o Museo Terra de Melide organizan para o sábado 10 de xuño o roteiro "Tras as pegadas do Seminario de Estudos Galegos na Terra de Melide". O roteiro irá tras os pasos do grupo de intelectuais que en 1933 documentou, nunha serie de traballos pioneiros, a arte, etnografía, territorio, música e arqueoloxía da comarca de Melide e deu lugar a unha publicación pioneira. No roteiro a asociación Herba Grileira interpretará pezas musicais recollidas polos membros do Seminario de Estudos Galegos. O itinerario contemplará varias localizacións arqueolóxicas e artísticas de Toques e unha visita polo casco urbano de Melide. A inscrición é obrigatoria e de balde a través do Museo Terra de Melide.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Melide, Seminario de Estudos Galegos, Etnografía, Arqueoloxía...