Falece o escultor chairego Víctor Corral

O artista de Baamonde morreu onte aos 84 anos en Lugo

| Santiago. Redacción | Seccións: NecrolóxicasSociedade
Compartir:
Víctor Corral

Víctor Corral

A Terra Chá lamenta hoxe a perda dunha das súas figuras máis populares. O escultor Víctor Corral, natural da parroquia de Baamonde en Begonte, falecía este mércores aos 84 anos de idade no HULA de Lugo debido a complicacións respiratorias. Corral (Baamonde, 1937) foi un coñecido escultor que tiña Casa Museo propia aberta na súa localidade natal e unha ampla obra escultórica de carácter realista e costumista que exhibiu en moitos lugares ao longo da súa vida. Fai apenas catro días o artista, recibía unha homenaxe por parte da Asociación Cultural Xermolos, de Guitiriz e da Irmandade Manuel María que lle dedicaron un tramo do Paseo dos Soños en Vilalba. Entre os fitos máis populares de Corral está a súa intervención nun castiñeiro da súa localidade natal, Baamonde, unha árbore centenaria na que levou a cabo diversas tallas creando nela un peculiar santuario da virxe.

Que che parece esta nova?
96 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Manuel María, Asociación Cultural Xermolos, Guitiriz...