A plataforma de creación Verdeveras Expresións ArtÃsticas estrea este sábado en Vimianzo a montaxe teatral 'As formas do amor', co-producida co Centro Dramático Galego. Gena Baamonde dirixe a Sergio Zearreta e MarÃa Angeles Iglesias nesta obra con texto da propia MarÃa Angeles Iglesias que reflexiona en ton de comedia sobre o amor. Os protagonistas dan vida dúas personaxe que foron parella no pasado, como "amores inesquecibles" e ás que un re-encontro fainas revisar os seus sentimentos e a súa relación. O espectáculo estréase ás 20:30 horas deste sábado na Casa da Cultura de Vimianzo, onde levaron a cabo a residencia artÃstica de preparación da montaxe. 'As formas do amor' poderase ver nas seguintes semanas e meses en escenarios de Cambados, Vigo, Ribeira, Brión, O Barco, A Pobra, Culleredo, Pontevedra, Redondela e Ponteareas.