A través do humor un grupo de Artivistas organizadas por Comandos ataca as múltiples manifestacións da violencia sexista, e cuestiona a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico actual, ese é o tema sobre o que vai 'Comando Comadres', a nova montaxe de Matrioshka Teatro que verá a súa estrea o vindeiro domingo, 31 de outubro, no Teatro Principal da Estrada. Anabell Gago, Chelo do Rejo e María Ángeles Iglesias interpretan a estas 'artivistas guerrilleiras' baixo dirección de Gena Baamonde, responsable tamén da dramaturxia da obra sobre un texto dela mesam, creado conxuntamente con María Ángeles Iglesias e Matrioshka Teatro (Chelo do Rejo, Anabell Gago, Lorena Conde). A música orixinal do esppectáculo corre a cargo de Mónica de Nut.
Estas 'comandos' establécense como "pequenos grupos de artivistas preparadas para as encomendas máis perigosas: levar a cabo incursións no territorio inimigo para poñer luz sobre a inxustiza e volver airosas da misión". No espectáculo estas "células combatentes de estratexias impredecibles e irreverentes" van creando unha rede a nivel mundial "coa que rendemos homenaxe a todas as heroínas de a diario, as señoras silenciadas, perseguidas, queimadas, torturadas, ós saberes invisibilizados e á historia oculta do noso pasado". 'Comando Comadres' comeza a súa misión na Estrada este domingo e xa ten datas confirmadas en Lugo, no Auditorio Gustavo Freire o xoves 18 de novembro; en Pontevedra, no Teatro Principal o xoves 25 de novembro; e na Laracha, na Casa da Cultura o 26 de novembro.