A vida....é así

Matrioskha Teatro debuta cun espectáculo sobre o tempo

| Santiago. Redacción | Seccións: Artes Escémicas
Compartir:
A vida....é así

Contemporáneo, estético e lúdico. Este é o tipo de teatro que quere facer Matrioshka Teatro, a nova compañía formada polas actrices Anabell Gago e Lorena Conde. E como carta de presentación dese ideario, C´est la vie, o espectáculo de creación colectiva no que contaron coa participación da actriz Chelo do Rejo e a dirección de escena e dramaturxia de Marta Pazos. Un espectáculo sobre o tempo que estará ata mañá martes no Salón Teatro de Santiago (20:30 horas).

Imaxe 1
1/7
Imaxe 2
2/7
Imaxe 3
3/7
Imaxe 4
4/7
Imaxe 5
5/7
Imaxe 6
6/7
A relatividade do tempo
7/7

“É un espectáculo sobre o tempo, a modo e álbum de fotos de pequenos cadriños de azucre e de fel” explicaba Marta Pazos a propósito de C´est la vie. É tamén unha reflexión caleidoscópica sobre o tempo e os seus rastros a través de tres protagonistas, tres mulleres que ofrecerán diferentes formas de medir a relación espazo temporal. “É lúdico, estético, directo co público e suxestivo” apunta Anabell Gago. O espectáculo, que se estreou hai varias semanas na Estrada (localidade na que fixeron unha residencia artística) inicia agora a súa busca de funcións por toda Galicia.

Como Anabell Gago e Lorena Conde son actrices, Matrioshka Teatro é unha compañía que botará man doutros directores para levar a cabo o seu proxecto escénico. Nesta primeira aposta contan con Marta Pazos, directora e actriz en Voadora, grande vencedora da última edición do premios María Casares e finalista nos premios Max como mellor espectáculo revelación e mellor autor teatral. con todo, para Anabell Gago a clave de Matrioshka está en facer espectáculos que "atrapern, sorprendan e emocionen ao público".

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Espectáculo, Marta Pazos, Salón Teatro...