Cando os recordos se gravan en Super 8

Voadora reflexiona sobre a memoria e o pasado no seu último espectáculo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Cando os recordos se gravan en Super 8

“É unha comedia moi completa na que os actores cantan, bailan e tocan instrumentos” apunta Marta Pazos, directora e actriz de Super8, espectáculo coproducido entre a compañía Voadora e o Centro Dramático Galego que se estrea esta fin de semana no Salón Teatro (venres ás 21:00 horas). Unha circunstancia que lle permitiu dúas residencias (unha no Salón Teatro e outra en Portugal) e un proceso de construción do texto dramático que partiu da improvisación para ir, pouco a pouco, escribindo o guión. Super8 é o formato do vídeo doméstico que lle serve a Voadora para falar dos recordos, dos mecanismos de construción da memoria e presentar o segundo espectáculo da triloxía Lugares comúns.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Abertos a soñar

Abertos a soñar

Voadora completa con Tokio 3 a súa triloxía sobre os lugares comúns

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Voadora, Teatro, Salón Teatro...