O amor xa non está demodé

Voadora achégase á naturaleza poliédrica do amor en Waltz, o seu último espectáculo

| Santiago. Redacción | Seccións: Artes Escémicas
Compartir:
O amor xa non está demodé

Un título, unha libreta en branco e unha idea por contar. Así empeza cada espectáculo de Voadora e así comezou Waltz. Un título que avanza parte da esencia do que terá esta nova aposta, é dicir, música e baile para falar do amor. “Waltz (que significa xirar en alemán) é un conto sobre o amor, un salón de baile onde hai varias parellas que representan os diferentes roles: unhas veces estás namorado outras veces eres víctima dese amor”. Así explica a directora, Marta Pazos, o fío desta montaxe que se estrea hoxe na Zona C (San Domingos de Bonaval, 1. Santiago, 20:30 horas).

Imaxe 1
1/3
Imaxe 2
2/3
Un paseo de Waltz
3/3

Despois dunha triloxía sobre o tempo e os Lugares Comúns, Voadora dá un xiro temático na súa traxectoria e propón un tema coñecido, popular pero tamén un pouco demodé. “O amor sempre estivo nos nosos espectáculos pero nunca era o tema principal” explica Marta que decidiron afrontar, co seu particular estilo, “como ás veces es vítima e outras verdugo, como unhas veces es ti o que queres e outras veces quérente a ti”.

Voadora permanece fiel aos seus sinais de identidade de ofrecer propostas escénicas bebedoras doutras disciplinas artísticas para enriquecer o resultado final. Nesta ocasión Waltz fará gala do seu nome e nel a música terá un maior papel protagonista. En parte porque dous dos integrantes da compañía (Jose Díaz e Hugo Torres) son tamén músicos o que lles dá esa atmosfera musical especial e sinestésica onde a música ás veces é un protagonista máis e outras unha banda sonora.

O espectáculo estréase esta noite na zona C de Santiago e este feito ten certa relevancia, xa que estivo pensado e deseñado para este espazo. “Existe unha maior proximidade entre os actores e o público xa que non é un teatro italiano e iso dalle un aire diferente” recoñece Marta Pazos. A súa aposta estará neste escenario esta semana e a que vén (de xoves a domingo) .

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Voadora, Marta Pazos, San Domingos de Bonaval...

Claves

Protagonistas
Entidades