A asociación Xermolos de Guitiriz presentou onte na Galería Sargadelos desta localidade o libro "Manuel María", homenaxe ó poeta da Terra Chá no que colaboraron centro trinta persoas. Outra homenaxe que ten lugar nestes días é a que se tributa mañá a Lois Tobío en Gondomar, na que se lerá unha carta inédita de Castelao. Por outra banda, outra noticia do mundo das letras é a constitución en Tui dunha asociación para recuperar os Xogos Florais desta vila.
Manuel María
A idea de facer un libro sobre Manuel María xurdiu no seo da asociación Xermolos en 1999, ó cumprirse os cento cincuenta anos de obra literaria deste autor. Dous anos despois preséntase "Manuel María", un volume de 737 no que hai escritos de centro trinta persoas. O libro comeza cunha análise da Terra Chá, terra natal do poeta, que toca desde os aspectos históricos ata os arqueolóxicos. O groso do libro está centrado na análise literaria da obra dese autor, prestando especial atención á poesía. Neste apartado atopamos artigos de Xesús Alonso Montero, Claudio Rodríguez Fer ou Xavier Rodríguez Baixeras entre moitos outros. A faceta dramática de Manuel María tamén é tratada por autores coma Agustín Fernández Paz, Xabier Docampo ou Antonio Reigosa entre outros. O volume péchase cun apartado de creacións e homenaxe do autor. Poemas ou relatos dos irmáns Álvarez Cáccamo, de Darío Xohán Cabana, de Xosé Carlos Caneiro ou Méndez Ferrín entre moitos outros rinden unha homenaxe cálida e persoal ó autor. Siro e Xurxo Lobato colaboraron con senllos retratos. O apartado gráfico complétase con numerosas fotografías que fan un percorrido pola vida do autor. Segundo Manuel María esta homenaxe "paréceme excesiva, desbordouse todo". Alfonso Blanco, da asociación Xermolos, sinala que o homenaxado é "o escritor da Terra Chá por excelencia", e algún dos seus libros, coma "A Terra Chá", "é como a biblia dos chairegos".
Lois Tobío
O intelectual e galeguista Lois Tobío recibirá mañá unha homenaxe en Gondomar durante un acto no que se imporá o auditorio desta localidade o seu nome. A homenaxe desta vila responde ó feito de ser Tobío o principal investigador sobre o Conde de Gondomar, destacado defensor da cultura galega durante o século XVII. Ó acto, organizado polo Instituto de Estudios Miñoráns e o Concello de Gondomar, está previsto que acuda Carlos Casares, Isaac Díaz Pardo, Francisco Fernández del Riego, Xaime Illa Couto, Alfonso Paz Andrade, a poetisa Marga Romero, o vivariense Carlos Novo e a filla de Tobío, Constanza. Aínda que Tobío non se desprazará a Gondomar por motivos de saúde, estará presente no acto mediante unha gravación en video. Para o martes, día en que Tobío cumprirá noventa e cinco anos, está previsto outro acto na súa honra, nesta ocasión no Ateneno de Madrid. Neste acto intervirán Farncisco Ayala, Borobó, Fermín Bouza e Díaz Pardo entre outros. Tobío é o último membro vivo do Seminario de Estudios Galegos e ten desenvolvido un intenso labor cultural realizando traduccións e investigacións.
Xogos Florais
Recuperar os Xogos Florais de Tui, que comezaron a celebrarse en 1891 e que deixaron de celebrarse poucos anos depois, é un obxectivo da recén fundada asociación "Francisco Sánchez". O colectivo, que se presentou onte na vila miñota pretnede revitalizar o espíritu intelectual da cidade e realizar diferentes actividades que se centrarán fundamentalmente no campo literario. A restauración dos Xogos Florais na vila, un certame poético en galego que se comezou a celebrar a finais do séuclo pasado, é unha das previsións máis inmediatas dos membros desta asociación. O primeiro acto público desenvolverase o vindeiro domingo, coa realización dun encontro poético que terá lugar este domingo a igrexa de San Domingos de Tui. Ó acto acudirán os destacados poetas Xosé María Álvarez Cáccamo e Xavier Rodríguez Baixeras, que recitarán varios dos seus poemas. Onda eles, alumnos de diferentes centros de ensino da comarca recitarán as súas propias creacións. A Banda Popular de Música da cidade dará un toque musical á mañá.