
Entre as múltiples propostas que se desenvolverán ao longo do día, en Compostela a banda de música estreará unha obra inédita de Pascual Veiga, mentres a asociación A Gentalha do Pichel celebrará a súa Festa do Dezassete e enterrará unha cápsula do tempo. Na mesma introduciranse textos coas visións de diferentes persoas sobre como será a situación da nosa lingua en 2050, ano previsto para que se abra a caixa.
Canda a estas, están previstas iniciativas xa anunciadas como o programa Maio de Lingua en Lugo ou o Festiletras de Ponteceso, que se suman a unha programación que enche o país de actos.