Conta só cunha obra, pero Nimbos non é un poemario máis, é a obra cumio da poesía galega moderna, que marca un antes e un despois na poética galega. Xosé María Días castro (Guitiriz, 1914- Lugo, 1989), que cumpriría en 2014 cen anos, é o vindeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas. Así o decidiron os académicos este sábado nunha votación na que se impuxo na votación final a Fiz Vergara Vilariño.
Nimbos (Galaxia, 1961) é unha obra na que reflexiona sobre o destino humano a través da preocupación existencial e relixiosa e da comuñón da natureza con Galicia sempre como trasfondo. Está composta de 32 pezas enfiadas en sete grupos entre os que destaca Penélope, o arquicoñecido e moi traducido poema. A primeira parte desta publicación Pórtico reúne tres escritos que autodefinen a súa poética, na que destaca un forte arraigamento coa terra e un gran dominador do verso e da técnica. É a súa única obra, pero desde logo non era a súa primeira obra.
Unha traxectoria poética e comprometida
Documenta a Enciclopedia Galega que desde a súa etapa escolar Díaz Castro compuxo os primeiros versos. Foi a revista tarraconense Lluvia de Rosas quen publicou o seu primeiro poema e da que foi colaborador durante un tempo. A súa era poesía de temática relixiosa, confesional, apoloxética con fontes de inspiración e como a Virxe e o Nadal. Posiblemente todo relacionado coa súa formación académica. Díaz Castro xunto con Manuel Leiras Pulpeiro, Antonio Noriega Varela, Álvaro Cunqueiro, Crecente Vega e Iglesia Alvariño entre outros, fixo parte da chamada "escola mindoniense", o que foi durante décadas o único centro de ensino superior do norte de Lugo. Alí, no estudio das Humanidades, o latín era a materia central, a que requería dunha maior dedicación, xa que era o idioma no que logo se daría a Filosofía e a Teoloxía. Con elas as traducións de Virxilio, Horacio e Ovidio, obrigatorias no último curso, deixou pegada nos escritores educados nestas aulas.
Esa paixón pola escritura continuou, e influenciado polo libro de Iglesia Alvariño Señardá, redactou os cadernos Follas verdes e Follas ó aire, que estiveron gardados da man do autor ata os anos 80. A súa escrita poética foi premiada en 1946 polos primeiros premios de poesía galega e castelá nos xogos florais. Os textos, Nascida dun sono e El cántico de la ciudad, foron editados nese mesmo ano en Vilagarcía de Arousa. Non foi ata 1955, cando no Francisco Fernández del Riego preparaba o IV tomo da Escolma da Poesía Galega cando Díaz Castro foi considerado como poeta. Nesa publicación aparecer sete textos, algúns inéditos e outros publicados previamente na revista Alba, na que colaborou desde Madrid, a onde se trasladara en 1948 logo de licenciarse en Filosofía e Letras na Universidade de Salamanca.
Un embaixador da cultura galega
Existe outra faceta destacada do perfil de Xosé María Díaz Castro, que é o feito de que falaba 14 idiomas. Un coñecemento que lle permitiu facer parte da Asociación Española de Tradutores e Intérpretes. De feito, desde 1952, xa en Madrid, traballou no Instituto de Cultura Hispánica e, desde 1966 no Consello Superior de Investigacións Científicas en Madrid, como encargado das traducións do Padroado de Investigación Cientfica Técnica Juan de la Cierva.
Esa riqueza no coñecemento de idiomas, foi o que o levou a traducir numerosos poetas e intelectuais a outros idiomas e abrir novas pontes cara a internacionalización da cultura galega. E tamén ao revés. Foi Díaz Castro que tranduciu obras dos Nobel suecos, desde libros de medicina a escolmas de prensa da revista Readers Digest. Mencións que lle recoñecen desde a Asociación Cultural Xermolos, que foi quen promoveu a candidatura do hoenaxeado. E entidade coa que o Díaz Castro colaborou logo de xubilarse e regresar a Galicia en 1984.
Non era a primeira vez que esta asociación culturla presentaba a candidatura. En 2011 ata chegou a organizar unha gran homenaxe na Ínsua dos Poetas do Carballiño á que asistiron autoridades e intelectuais pero daquela non puido ser. Esta fin de semana, cos ollo postos no centenario do seu nacemento, foi a definitiva.