Clara Pino e Pablo Vidal finalizan o ano con Xela

O dúo versiona poemas da homenaxeada no Día das Letras no seu último traballo

9/12/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:

A Cidade da Cultura acollía o pasado 2 de decembro a presentación de Xela. Clara Pino e Pablo Vidal fechan as homenaxes a Xela Arias do en que se lle dedicou o día das letras a presentar sete cortes con versións de textos da poeta.

Irás dirás virás, Non me conteño, Borracho, Teremos, terás e Trouxen augamel para agasallarte son os poemas dos que partiron Pino e Vidal para artellar os temas do disco, que o dúo foi dando a coñecer ao longo do ano en diferentes eventos dedicados a Arias. Aires jazz e pop e mesmo toques de música popular brasileira atópanse nun álbum no que Pino lembra a que foi a súa amiga cunha "achega á obra da poeta dende a amizade". O volume, que supón o segundo traballo do dúo, inclúe dúas versións dos primeiros textos, a sumar un total de sete pezas.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pino, Poemas, Xela Arias, Cortes...