Quiosco: Cadernos Ramón Piñeiro XLIV. Celebración de Xela Arias

A revista do CIRP achega vinte e catro perspectivas sobre a autora homenaxeada no Día das Letras

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:
Quiosco: Cadernos Ramón Piñeiro XLIV. Celebración de Xela Arias

A acabar o ano no que se lle dedicou o Día das Letras, o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades súmase ás celebracións a Xela Arias cunha publicación monográfica dedicada á autora. Cadernos Ramón Piñeiro XLIV. Celebración de Xela Arias. Intempériateme presentouse ao público o pasado 17 de decembro no Museo do Mar de Vigo a compilar vinte e catro achegas de diferentes autoras e autores sobre a homenaxeada.

Co lema "sobre a dificultade de traducírmonos", a publicación recolle colaboracións como a de Camiño Noia a analizar a poesía inédita de Arias, a de Mario Regueira, que aborda as liñas pioneiras da produción poética da autora ou o artigo de Rafael Chacón que se enfoca na lectura política da súa obra.

Arturo Casas centra o seu artigo nas relacións entre lírica e fotografía na obra Tigres coma cabalos mentres Ramón Nicolás analiza a recepción deste proxecto, e Arcadio López-Casanova revisa Denuncia do equilibro como diario lírico. Xosé María Álvarez Cáccamo, Oriana Méndez, Pilar Pallarés, Miro Vilar ou o recentemente falecido Darío Xohán Cabana achegan tamén as súas colaboracións a esta entrega.

Que che parece esta nova?
115 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito