'Nome da ausencia' é o tÃtulo da obra poética coa que Adrián AgustÃn Vázquez RodrÃguez (Vilarmaior, 2001) ven de gañar o XXIIº Premio de PoesÃa DÃaz Jácome para novos creadores, convocado polo Concello de Mondoñedo. Na súa resolución, o xurado destacou nos versos a dicción equilibrada dos mesmos, asà como a capacidade suxestiva das imaxes e o poder evocativo do universo lÃrico convocado na obra gañadora. O certame tamén deixa un segundo premiado, Adrián Maceda Fernández (O Saviñao, 1997) polo traballo 'Anil lÃmite' sobre o que o xurado destacou a "musicalidade desta escrita, inzada de referencias metapoéticas e posuidora dun excepcional dominio dos recursos retóricos e un fondo coñecemento das posibilidades expresivas de diferentes fórmulas versais". O vindeiro 30 de decembro está prevista a entrega dos premios, que están valorados en 1.500 euros para o primeiro e 600 euros para o segundo, ademais da entrega de placa e diploma.