Tras do anuncio do Concello de Ourense da súa decisión de retirar o apoio as próximas edicións da MOTI (Mostra de Teatro Infantil de Ourense) e a MITEU (Mostra Internacional de Teatro Universitario) debido, segundo o goberno municipal, "á baixa afluencia de público destas dúas mostras nas súas últimas edicións", o director da compañÃa Sarabela teatro, organizadores de ambas citas e dinamizadores da escena teatral ourensá, emitiu un comunicado refutando a validez dos motivos sinalados polo goberno local presidido por Gonzalo Pérez Jácome. Segundo Dacosta, excluÃndo estas edicións marcadas pola pandemia, ambas citas cobren habitualmente o 90% dos aforamentos, "algo que non é frecuente", negando a baixa afluencia e sinalando que ao longo das 26 edicións, da MITEU pasaron polas súas representación máis de 200.000 espectadores cunha media de máis de 7.000 persoas por edición.
A retirada do apoio a estes eventos culturais é un capÃtulo máis do continuo enfrontamento entre o alcalde e o sector cultural da cidade, precedido no caso do teatro pola decisión de retirar o ao Festival Internacional de Teatro (FITO) que tamén organiza Sarabela teatro. Fernando Dacosta tamén quixo desmontar outro dos argumentos do goberno municipal, que sinalaba a existencia dun informe xurÃdico que puña de manifesto reparos á participación do Concello na MOTI ao entender que poderÃa tratarse dunha "subvención encuberta", que non serÃa unha fórmula axeitada para o seu financiamento segundo o consistorio. Unha situación que desde Sarabela negan referenciado a claridade da lei de contratos co sector público e indicando que só "unha mala praxe do traballo da xefa de servizo e do rexedor da cidade poderÃan levar a cabo tal afirmación".
"Pasaron por Ourense 600 compañÃas, 40 paÃses do cinco continentes e é unha mostra referente dentro das mostras galegas e peninsulares", destacou Dacosta sobre a MITEU, sinalando que o partido polÃtico que rexe o destino da cidade non ten en conta o que supón para "hoteis, restaurantes, comercios, imprentas, axencias de viaxe e todos os traballos directos". Desde Sarabela aseguran que as vindeiras edicións destes dous eventos celebraranse igualmente grazas ao apoio da Universidade de Vigo, o Teatro Principal de Ourense e a Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic). Pola súa banda o goberno local de Pérez Jácome é partidario de elaborar unha programación propia para o Auditorio Municipal de actividades culturais, á que se unirán os espectáculos de compañÃas profesionais que desexen representar as súas obras en Ourense a cambio dos ingresos que obteñan pola venda de entradas, poñendo o recinto público á súa disposición.