Grial Montes encarna a Sara, a protagonista de 'Cariño'. Unha muller cun pasado de violencia dentro dunha relación que narra a súa historia afastándose do vitimismo e facendo autocrítica nunha peza de teatro documental, que realiza unha viaxe para cuestionar os referentes actuais do amor romántico, os celos e a posesión dentro dunha parella adolescente. 'Cariño' fai hoxe venres a súa estrea na Sala Ártika de Vigo onde estará toda a fin de semana.
Diego Chamizo encárgase da dirección e dramaturxia da peza, que está baseada no relato 'Sara', da nova edición do libro 'Invisibles' de Montse Fajardo. 'Cariño' é a primeira montaxe de Vaiembora, nova compañía formada por Grial Montes xunto con Diego Chamizo, David Vila e Sofía Rodal, que levan nesta montaxe a responsabilidade do vestiario e da coreografía de movementos, respectivamente. O espectáculo é unha coprodución co Centro Dramático Galego que conta coa axuda do Concello de A Coruña.