A Sala Recoletos da Biblioteca Nacional de España acolle xa a exposición 'Las huellas del Camino / As pegadas do camiño', que a través dos fondos manuscritos, bibliográficos, audiovisuais, cartográficos e literarios da BNE e outros fondos de coleccións diversas, amosará ás múltiples realizacións e expresións que o Camiño de Santiago ten inspirado dende fai nove séculos, cando se lle concedeu a condición xubilar que conforma os 'anos xacobeos' como o actual e o seguinte, 2022. A exposición destaca a riqueza histórica, cultural, patrimonial, natural e humana da ruta de peregrinación. Entre marzo e maio de 2022, a mostra poderá visitarse no Museo Centro Gaiás de Santiago de Compostela.
A metade dos 211 orixinais que se exhiben son fondos da propia Biblioteca Nacional de España, ás que se engaden pezas de coleccións privadas. De entre todas as pezas destacan as Partidas de Alfonso X, unha Biblia sacra do S.XIII, fondos propios da biblioteca, asà como a reprodución de Instrumentos Musicais do Pórtico da Gloria, da Fundación Barrié, un cadro de Santiago Zebedeo de Murillo, unha maqueta da Catedral de Santiago pertencente ao Instituto de Estudos Galegos ou a serie de fotografÃas feita por Xurxo Lobato. Todas elas aparecen distribuÃdas en cinco grandes ámbitos, cada uns dos cales responde a unha das acepcións da palabra pegada. E a mostra no seu conxunto pretende subliñar a vocación europeÃsta que distinguiu dende o principio este prodixioso fenómeno da ruta xacobea. O académico DarÃo Villanueva foi o encargado de comisariar esta exposición, que contou cun comité cientÃfico integrado por Carmen Manso, Juan Monterroso, Paolo Caucci von Sauken e Xosé Luis Barreiro. A Xunta de Galicia participa da organización desta mostra, a través do xacobeo e da Fundación Cidade da Cultura.