
A exposición, que permanecerá aberta ata o 31 de maio de 2022, percorre a través de oito seccións obras desde o século XV ata a actualidade, a comprender tanto libros, como prensa, revistas, mapas, fotografÃas, carteis, debuxos e mesmo creacións audiovisuais e sonoras. Segundo adianta a entidade na presentación desta iniciativa, a mostra recolle de xeito particular os comodatos e as doazóns que recibiu desde a súa posta en marcha. O Fondo Amancio LandÃn Carrasco, o Fondo Bibliográfico Abanca, o Fondo AgustÃn Sixto Seco, a Colección Isaac DÃaz Pardo ou a Colección Núñez de las Cuevas, entre outros moitos, están presentes na conmemoración.
Tamén no marco da celebración destes dez anos, o escritor Juan Tallón e Dores Tembrás conversarán este venres 29 de outubro sobre a obra DÃas contados. A sesión fecha o ciclo de encontros Dez anos, dez autores, dez libros que achegou diferentes faladoiros literarios ao centro ao longo deste 2021.