
Na exposición poden verse máis dunha decena de obras, entre eles os cinco codices orixinais do Fuero real (1255), o Libro complido de los judizios de las estrellas (arredor de 1254), o Libro de las cruzes (1259), a primeira parte da Grande e general estoria (arredor de 1270) e unha primeira versión da Cantigas de Santa MarÃa (arredor de 1270). Canda a estas amósanse reproducións doutras obras do scriptorium que promoveu o monarca, como é o tratado astrolóxico Libro de las figuras de las estrellas fixas, ou as Siete Partidas que perteneceu aos Reis Católicos.
O proxecto artéllase en catro ámbitos, a atender aos diferentes campos aos que atendeu o rei a través do seu scriptorium. "El derecho: la ordenación del presente", "La historia: la enseñanza del pasado", "La ciencia: el conocimiento del futuro", e "El culto a la Virgen: el respaldo de la divinidad" marcan o percorrido pola mostra. As pezas que se ensinan farán parte dunha grande exposición dedicada ao persoeiro que se poderá ver en Toledo a partir do vindeiro mes de marzo.