A exposición "As pegadas no Camiño" inaugurarase en Madrid en novembro

A Xunta achega 235.000 euros ao proxecto e estará comisariada por Darío Villanueva

| Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaExposicións
Compartir:
O catedrático Darío Villanueva. Foto: Real Academia Española / Wikipedia

O catedrático Darío Villanueva. Foto: Real Academia Española / Wikipedia

O Consello da Xunta aprobou onte o convenio coa Biblioteca Nacional de España e Acción Cultural española para a realización de "As pegadas do Camiño", uha exposición conxunta sobre o Camiño de Santiago que acollerá a institución radicada en Madrid entre o 11 de novembro de 2021 e o 6 de febreiro de 2022 para despois expoñerse no Gaiás a partir do mes de marzo. A mostra, que estará comisariada por Darío Villanueva, comporase "primordialmente de fondos manuscritos, bibliográficos, audiovisuais, cartográficos e literarios da Biblioteca Nacional de España" vinculados tematicamente ao Camiño de Santiago. O convenio delimita os custes e participación de cada entidade. A Biblioteca Nacional responsabilízase do comisario, do deseño e da dirección da montaxe, Acción Cultural Española dos custes de montaxe e desmontaxe e a Xunta do transporte e seguro, a tradución ao galego de todas as gráficas e o texto e da produción de audiovisuais. A exposición está orzamentada en 400.000 euros dos que a Xunta achega 235.000.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Biblioteca Nacional, Madrid, Darío Villanueva, Camiño de Santiago...