
Comisariada pola historiadora e biógrafa da autora Isabel Burdiel, o proxecto "quérelle achegar luz ao crebacabezas" que é Pardo Bazán, "demostrando que a súa obra e vida responderon e déronlle cabida a todos os retos e a todas as inquedanzas da modernidade na España da Restauración (1875-1923) e na Europa do seu tempo", segundo explica o folleto da exposición, dispoñible en castelán e en galego.
A presentación do proxecto destaca a autora como "unha das grandes escritoras europeas da súa xeración" e destaca o seu labor como novelista, autora de relatos, xornalista cultural "e ás veces polÃtica, crÃtica e historiadora". Lembra ademais que "como empresaria fundou unha revista, Nuevo Teatro CrÃtico e unha editorial, Biblioteca de la Mujer. O único eido no que non tivo éxito, como lles aconteceu a tantos outros escritores de entón, foi no complexo mundo do teatro". Do mesmo xeito, destaca en particular a súa aposta polo feminismo, que acompañou o seu carácter pioneiro "na introdución en España dos debates europeos sobre o naturalismo, a literatura rusa, o modernismo ou o decadentismo".
A coincidir coa exposición, a Biblioteca Nacional fai públicos nas redes diferentes contidos e publicacións dixitalizadas da autora.