O conselleiro de Cultura, Román RodrÃguez, o presidente de Acción Cultural Española, José Andrés Torres, e mais a directora da Biblioteca Nacional, Ana Santos, asinaban este 1 de decembro un convenio de colaboración para desenvolver dúas grandes mostras en 2021 na sede deste organismo en Madrid. Emilia Pardo Bazán protagonizará a primeira destas iniciativas a coincidir co seu centenario. O proxecto estará comisariado pola historiadora Isabel Burdiel, biógrafa da autora de Meirás, e compilará máis de duascentas pezas dos fondos da BNE e de varias institucións privadas. Segundo adianta a ConsellerÃa de Cultura "o obxectivo da iniciativa é mostrar a modernidade dos retos literarios, intelectuais, persoais e polÃticos de Pardo Bazán, asà como a súa dimensión europea e transnacional". A exposición poderá verse na Coruña despois da súa inauguración en Madrid.
Pola súa banda, o filólogo DarÃo Villanueva, será o responsable de comisariar unha mostra dos fondos da Biblioteca Nacional vencellados ao Camiño de Santiago. Na mesma poderán verse "pezas excepcionais dos fondos da propia biblioteca, entre os que se inclúen cartografÃas antigas dos roteiros de peregrinación, iconografÃas xacobeas, carteis dos Anos Santos, o Códice Calixtino e a Historia Compostelana, guÃas, etc.", segundo informa a ConsellerÃa. Esta mostra itinerará a Compostela logo da súa estadÃa en Madrid.