O conselleiro de Cultura, Román RodrÃguez, presentaba na mañá deste 20 de abril o programa co que a Xunta vai conmemorar o centenario de Emilia Pardo Bazán ao longo de 2021. A exposición Emilia Pardo Bazán. O reto da modernidade, desenvolvida pola Biblioteca Nacional de España, Acción Cultural Española, a Xunta de Galicia e a Comunidade de Madrid, en colaboración coa Real Academia Galega (RAG) e o Concello de Coruña, preséntase como principal aposta da celebración. Este proxecto comisariado por Isabel Burdiel verase na Coruña entre o 22 de outubro e o 18 de decembro logo de pasar por Madrid e achegará "máis de 200 pezas entre manuscritos, libros impresos, gravados e fotografÃa, entre outros", segundo explica a ConsellerÃa.
Canda a esta, desenvolveranse outras catro mostras: Cen anos sen Emilia divulgará a obra da autora nas rúas de diferentes cidades do paÃs, mentres o Museo de Belas Artes da Coruña exporá en outono obxectos "que pertenceron á escritora como manuscritos do século XIII, retratos do século XVIII e XIX, asà como varias pezas artÃsticas e decorativas datadas entre os séculos XIII e XIX como tapices, alfaias, misais, escribanÃas, entre outros".
Para novembro será a Biblioteca de Galicia a que aborde o traballo da Condesa "cunha escolma bibliográfica das súas pezas máis senlleiras e representativas". A estas súmase a exposición xa celebrada en colaboración co Ateneo de Santiago e a Universidade encol da a pegada de Pardo Bazán na cidade de Compostela.
Desde a vertente académica, o centenario inclúe a celebración de dous congresos internacionais en colaboración coas tres universidades galegas. A Universidade da Coruña e a Fundación Barrié desenvolverán Emilia Pardo Bazán no seu Centenario: Literatura e vida nos séculos XIX, XX e XXI, previsto para setembro. Pola súa banda, a RAG e o Consello da Cultura, en colaboración co Brooklyn College da City University of New York celebrará Emilia Pardo Bazán, cen anos despois en outubro.
A proposta da Xunta inclúe, como importante novidade, o lanzamento dun sitio web no que estarán dispoñibles para o público 85 obras da homenaxeada dixitalizadas e dispoñibles para libre descarga a partir de maio. Da man da Biblioteca de Galicia, ademais, editaranse "17 publicacións dixitais inéditas ata o momento, convertidas en formato libro electrónico e que non estaban dispoñibles en ningunha institución española"
A completar o programa, Cultura prevé desenvolver diferentes actividades de "difusión en redes, nos arquivos e na rede de bibliotecas públicas", con propostas especÃficas para o público máis novo como "contacontos ou obradoiros de ilustración" canda a "formatos como faladoiros destinados a público especialista".