A poesÃa xuvenil de Emilia Pardo Bazán funciona como base para un espectáculo lÃrico coordinado polo compositor e tenor JoaquÃn Pixan, que presenta este vindeiro sábado no Teatro Colón da Coruña. 'Música na poesÃa de Emilia pardo Bazán' é o nome desta produción enmarcada no centenario da escritora coruñesa que sobre a que esta mesma semana está a celebrarse un congreso internacional na sede da Real Academia Galega. O concerto pretende difundir a descoñecida produción poética da escritora galega, creada na súa época xuvenil antes dos 25 anos da autora, a través de cancións de nova creación na voz da mezzosoprano Nuria Lorenzo e JoaquÃn Pixán co acompañamento de Andrea González Pérez ao piano. Para este reto Pixán contou tamén coa colaboración dos compositores Carme Fernández Vidal, Juan Durán, Margarita Soto Viso e Teresa Bretal MartÃnez.
Esta homenaxe musical a autora coruñesa conta ademais cunha peza única, escrita pola poeta sevillana Rosa Berbel, premio Ojo CrÃtico de PoesÃa 2019, que creou un texto-homenaxe a Pardo Bazán titulado "Poema indio", unha variación do poema de Pardo Bazán "Eternamente joven", musicado por JoaquÃn P. Fuertes. O espectáculo ofrece a posibilidade de achegarse a esta faceta case descoñecida da autora coruñesa, figura reivindicada da literatura española con gallo do seu centenario. Nesta semana de celebracións sobre ela, o Teatro Colón tamén acolle o domingo a obra 'Dona Emilia' na que Charo López e Luis Santana xuntan os seus talentos nun recital dedicado a Emilia Pardo Bazán ao redor das cartas de amor entre ela e Benito Pérez Galdós. O dÃa 3 proxectarase neste recinto a pelÃcula 'Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde' (2011) protagonizada entre outros por Susana Dans.