Pedro Rodríguez faise co VII Premio Liteario Nortear

O autor recibirá un premio en metálico de 3.000 euros

25/10/2021 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literatura
1 lecturas | Compartido 0 veces
O nigranés de 24 anos Pedro Rodríguez coroouse como vencedor do VII Premio Literario Nortear. O seu traballo O amor das pedras impúxose entre os 46 que se candidataron ao galardón, dos cales 19 estaban en galego e castelán e 27 en portugués. O autor recibirá 3.000 euros en metálico e verá publicada a súa obra en galego en portugués.
O xurado destacou de O amor das pedras o ser un conto que destaca "pola sua fermosa narrativa, linguaxe poética e o seu lirismo particularmente emotivo repleto de excelentes descriciones, con moi bo ritmo narrativo e un destacado bo uso da lingua, para tratar o tema do amor". A obra, segundo apunta o autor, "trata dunha moza que cando a asasinan transfórmase en pedra e dun mozo que ten o corazón roto pola vida".

O xurado estivo composto por Gonzalo Constenla, Cecilia Fernández  Santomé, Ramón Nicolás, Ana Araújo e Carlos Lopes.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Protagonistas