O Concello de Ourense concedeulle á novela 'A casa da Mina', de Mª Carmen Caramés Gorgal, o Premio Risco de creación literaria 2021, organizado xunto á Fundación Vicente Risco. O xurado desta XXII edición, formado por Xesús Marcos López, último gañador do certame, a profesora Susana Losada Soto e a directora da Bilbioteca Nós, Rosa DÃaz Naya, premiou a súa "atinada descrición da miseria do rural, nun relato de superación da súa protagonista feminina". Trátase, segundo a súa deliberación, "dunha novela de lectura amena, crÃtica cos poderes establecidos, onde unha igrexa omnipresente condiciona a vida da xente".
MarÃa del Carmen Caramés, de Santa Comba, é psicóloga e profesora e ten gañado premios de poesÃa coma o Avelina Valladares e o Johan Cabralleira. A novela vencedora, elixida de entre as 27 propostas presentadas este ano -17 máis que a pasada edición- é o relato, en primeira persoa, dunha muller que rememora os tempos de traballadora nas minas de wolfram de Varilongo, e de como a mina cambiou a súa vida. É tamén unha historia de solidariedade e de resistencia contra o franquismo, onde hai unha homenaxe valente ás mulleres sobreviventes. O premio Risco de creación literaria é de 6.000 euros máis a publicación da obra.