A Cidade da Cultura reune 120 obras da "faceta máis descoñecida" de Jorge Castillo

A retrospectiva percorre seis décadas de produción dun dos artistas galegos con máis proxección

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Inauguración da exposición. Foto: Cidade da Cultura

Inauguración da exposición. Foto: Cidade da Cultura

Jorge Castillo (Pontevedra, 1933) é un dos artistas galegos con máis proxección internacional. Ademais da súa faceta máis coñecida como pintor, a súa produción escultórica é tamén moi notable e extensa. Onte a Cidade da Cultura inaugurou unha mostra que percorre seis décadas de produción escultórica de Castillo, incluíndo obras recentes de gran formato, pezas en bronce e aceiro e arxilas dos últimos anos. Ademais, inclúense pezas complementarias, como lenzos, augafortes e cadernos de viaxe. A traxectoria de Castillo inclúe estadías e traballos en Bos Aires, Nova York ou diferentes países europeos e cidades españolas. Hoxe, a súa obra atópase en institucións internacionais como o Carnegie Institute, o San Francisco Museum of Modern Art, o Albertina Museum, a Fundación Juan March, o Museo de Belas Artes de Vitoria ou a Nationalgalerie de Berlín. A mostra está comisariada por Rosario Sarmiento e pode visitarse no Museo Gaiás ata o vindeiro 20 de febreiro de 2022.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jorge Castillo, Rosario Sarmiento, Belas Artes, Museo Gaiás...