Jorge Castillo recibiu o Premio Laxeiro 2013

O recoñecido pintor recolleu o seu premio no transcurso dunha cea

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Castillo (Pontevedra, 1933) regresou á Fundación Laxeiro para recoller o seu premio de honra. Unha das últimas presenzas nestes espazo foi en 2004 cando acudiu para expor a súa obra onírica, representadas en tonalidades neutras que ten colleitado moi boas criticas. Non era un descoñecido para a Fundación Laxeiro, xa que en 2004 realizou neste espazo unha exposición, anos despois da gran retrospectiva que lle dedicou o Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC). A súa obra, preto do hiperrelismo lírico e ao surrealismo, pode atoparse nas colección de museo como o Guggenheim de Nova York. No acto de entrega de premio o artista lembrou cando coñeceu a Laxeiro nos anos anos cincuenta en Arxentina.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Laxeiro, Fundación Laxeiro, Jorge Castillo, Nova York...