Laxeiro foi un dos renovadores da plástica galega e un dos artistas con maior proxección internacional. Iniciouse no mundo da pintura en Galicia a súa traxectoria vital e artística sufriu un punto de inflexión en 1951. Nese ano asistiu á presentación dunha exposición colectiva en Arxentina, e o que ía ser unha viaxe puntual, acabou converténdose nunha estadía de dúas décadas. Agora, cando se cumpren dez anos da súa morte, a Fundación Laxeiro é o Museo Nacional de Belas Artes recuperan a influencia que a capital arxentina deixou no artista.
Javier Buján, director da Fundación Laxeiro e comisario da mostra Laxeiro en Bos Aires que hoxe se inaugura no Museo Nacional de Belas Artes da capital arxentina explica que esta mostra ten unha especial significación por varios motivos. En primeiro lugar, porque esta é a primeira exposición que se fai de Laxeiro nun espazo museístico en Arxentina, onde Laxeiro viviu durante 20 anos. E aínda que a súa actividade expositiva en vida foi moi intensa, sempre amosara a súa obra en mostras dentro do circuíto galerístico. En segundo lugar porque esta aposta do Museo Nacional de Belas Artes (MNBA) supón un recoñecemento institucional do traballo de Laxeiro neste país. Por outra banda, moitas das pezas que se amosan nesta exposición son inéditas para o gran público. Non queríamos, asegura Javier, facer unha retrospectiva co máis coñecido da súa producción americana, senón que queriamos achegar algo máis á difusión e catalogación da súa obra, polo que unha das premisas comisariais consistiu en investigar e localizar pezas que non foran publicadas nin exhibidas publicamente con anterioridade.
Por último, a mostra non recolle só o aspecto gráfico de Laxeiro, senón que se quixo ir máis alá achegando o aspecto máis vivencial do artista. O apartado chamado Memorabilia, explica Javier, é de documentación gráfica, exemplares de libros, afiches, fotografías, que dan unha visión da vida que Laxeiro levou na Arxentina e as súas implicacións coa intelectualidade galega e española no exilio, así como a súa vinculación co colectivo artístico bonaerense, como o exemplifica o seu labor como Vicepresidente da Asociación Arxentina de Artistas Plásticos, a pesar de non ser arxentino, a principios dos anos sesenta, unha época na que a SAAP tiña unha gran actividade.
Unha exposición única
Malia que hoxe abre as súas portas, esta exposición agocha por detrás dous anos de traballo nos que partimos da idea inicial da necesidade de mostrar obra de Laxeiro en Bos Aires, no ano que se cumpre o décimo aniversario da súa morte. A iniciativa correu a cargo da Fundación Laxeiro, que tivo o respaldo da Consellaría de Cultura e da Fundación Caixa Galicia, entre outras entidades. A exposición poderá verse ata o 8 de outubro e só en Bos Aires. O presidente da Fundación Laxeiro explica que non se verá en Galicia por unha banda pola procedencia de parte das pezas, de coleccionistas privados, e pola outra, porque outros proceden de coleccións públicas arxentinas que fai moi complicada a súa exhibición en España.
Ademais, non é unha iniciativa nova da Fundación Laxeiro. De feito, esta entidade leva facendo desde 2001 exposicións fóra de Galicia para dar a coñecer o legado do pintor. A Habana, onde Laxeiro se iniciou no mundo da pintura mentres vivía emigrado con parte da súa familia, As Palmas de Gran Canaria ou Lisboa son algunhas das cidades nas que teñen desenvolto iniciativas semellantes. Unha liña que en palabras de Javier Buján amosaban un percorrido polo contorno atlántico, auténtico definidor do seu pensamento estético. Ademais, explica que non se descarta estreitar vínculos con Arxentina, as liñas de actuación están aínda por definir.
A pegada arxentina en Laxeiro
A experiencia arxentina é fundamental para entender toda a etapa da Segunda madurez do artista de Lalín, en parte porque supón unha volta cara o íntimo, unha interiorización no sentido de desprenderse cada vez mais de referencias externas. A súa apertura cara a linguaxes informalistas e a radicalización do compoñente xestual na súa pintura é sen dúbida, explica Javier, froito da súa experiencia americana.
Naquel entón Laxeiro viaxou desde unha "periferia de periferias" como era Vigo a finais dos anos corenta e principios dos cincuenta, para chegar a unha cidade que naquela época funcionaba como capital cultural e artística de América Latina. Javier explica que foi unha pegada importante non só pola tremenda vitalidade dos seus creadores que durante os cincuenta e sesenta andaban metidos nunha renovación da arte arxentina, senón tamén pola apertura ao mundo que Bos Aires tiña naqueles anos, propiciando un coñecemento das principais correntes internacionais que estaban a mudar o panorama artístico de mediados do século XX.
Á dimensión persoal e creativa que supuxo a chegada a Arxentina para Laxeiro hai que ter en conta o contexto no que se integra esta situación: o interese da colectividade galega e española no Exilio. Javier Buján di que en Bos Aires estaban moitos dos intelectuais que seguiron perpetuando o galeguismo desde o Exterior e, como Isaac Díaz Pardo di no catálogo da exposición, todos andaban como unha piña, discutindo miles de proxectos e iniciativas, como aconteceu con Magdalena (localidade a 108 quilómetros de Bos Aires na que se montou outra empresa de cerámica) xermolo do que logo sería o Laboratorio de formas e Sargadelos. Díaz Pardo conta que na xénese de Magdalena participaron Laxeiro, Díaz Pardo, Seoane, e tantos outros galegos que discutían os diferentes aspectos de levar adiante un proxecto que ía funcionar como unha factoría de pensamento galego en diverso ámbitos. Unha mostra da influencia que Arxentina tivo no desenvolvemento da plástica galega e, en especial, na obra de Laxeiro.

Laxeiro en Bos Aires
Sin título, 1965
Tinta sobre papel 490 690 mm. Colección particular. Marín.
Laxeiro en Bos Aires
Ídolo, 1965
Óleo sobre lenzo 100X70 cm. Colección Montenegro. Galería de Arte. Vigo.
Laxeiro en Bos Aires
O profeta,1965
Óleo sobre lenzo 100X70 cm. Colección Montenegro. Galería de Arte. Vigo.
Laxeiro en Bos Aires
Sin título, 1965
Óleo sobre lenzo. 30X40 cms. Colección Carlos Sanz Muñoz. Palma de Mallorca.
Laxeiro en Bos Aires
Picnic, 1967
Óleo sobre lenzo 110X80 cms. Colección particular. Vigo.
Laxeiro en Bos Aires
Circa, 1970
Tintas de cor sobre papel. 390X350 mm. Colección Alcalde-Varela. Boiro (A Coruña)