De Pontevedra a Alemaña; a arte que se exhibe estes dÃas en Galicia chega máis internacional que nunca. O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acolle desde hoxe un paso máis nese interese por destacar a obra dos artistas galegos máis internacionais da época. E chégalle o turno ó pontevedrés Jorge Castillo. E, por outra banda, o Centro de Arte Atlántica da Coruña acolle a obra constructivista do pintor alemán Hans Dieter Zingraff.
Castillo no CGAC
O Centro Galego de Arte Contemporánea exhibe desde hoxe ata o 2 de setembro a obra do artista pontevedrés Jorge Castillo (1933). Unha obra que comisaria Kosme de Baraño, e na que só se recolle a súa dimensión pictórica, malia que traballou noutras facetas: debuxo, escultura e gravado.
Castillo volve a Santiago logo de ter exposto na cidade compostelana no Museo do Pobo Galego (en 1990) e na Casa da Parra, nunha mostra antolóxica que recorreu Barcelona e varias cidades europeas. Deste xeito, o CGAC fai parada e fonda nesa serie que pretende facer para repasar a obra pictórica dos artistas galegos máis internacionais.
Constructivismo alemán
Hai uns trinta anos, o pintor alemán Hans Dieter Zingraff trasladouse a residir a España, á localidade levantina de Denia. Desde entón captou a luz, os constrastes entre cores fortes e suaves, unha tendencia que se pode apreciar na exposición que desde onte se exhibe no Centro de Arte Atlántica da Coruña. Na mostra pódese apreciar as súas tendencias pictórica que van desde a figuración e a crÃtica social que se pode encaixar dentro da corrente do constructivismo.
Dentro da súa ampla formación en diferentes disciplinas, destaca o feito de que Zigrat foi discÃpulo de Rick na Academia de Belas Artes da súa cidade natal de Kalsruhe.