As letras de Florencio. O éxito dun proxecto é o título da conferencia que imparte este seis de outubro Débora Álvarez na sede da asociación coruñesa Alexandre Bóveda. A palestra fai parte dunha xornada na que o colectivo Valdeorras Infinda presenta na cidade Coruñesa o protagonista do Día das Letras Galegas 2022 e dá a coñecer as iniciativas sociais que se desenvolveron arredor do literato.
Na súa intervención, Álvarez repasarán "o percorrido vital de Florencio Delgado Gurriarán e das iniciativas públicas e privadas que se puxeron en marcha para reivindicar o seu papel na historia literaria galega" e que deron finalmente no éxito da súa candidatura para o Día das Letras. Ademais da charla, a xornada contará cunha introdución poética a cargo de Paco Campos e completarase coa proxección da curtametraxe O Castiñeiro morto que Domingo D. Docampo desenvolveu a partir do primeiro poema publicado polo poeta.
A inscrición para participar no encontro, que comezará ás 19:30 horas, pode realizarse no web da AC Alexandre Bóveda. Con posterioridade, o audio da conferencia publicarase na canle de Ivoox de Valdeorras Infinda.
A actividade fai parte do I Ciclo de Encontros sobre Valdeorras que Valdeorras Infinda está a desenvolver desde o mes de setembro na Cidade Herculina. O obxectivo destas actividades é dar a coñecer os diferentes aspectos desta comarca desde A Coruña, da man dun grupo de persoas orixinarias destes concellos de Ourense e residentes na cidade.