A gaita e os seus intérpretes nas paredes do museo

O Museo de Pontevedra abre mañá a mostra 'Gaiteiraos' de César Lombera

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteMúsica
Compartir:
© Museo de Pontevedra

© Museo de Pontevedra

O Museo de Pontevedra inaugura mañá a exposición "Gaiteiraos" no claustro do edificio Sarmiento. Esta mostra presenta un total de 35 debuxos de recoñecidas gaiteiras e gaiteiros de Galicia feitos polo artista César Lombera, moi coñecido pola súa faceta de escultor. A través destes 35 debuxos Lombera pretende reivindicar a figura do gaiteiro como un exemplo do patrimonio inmaterial galego. Avelino Cachafeiro, Ricardo Portela, Susana Seivane, Carlos Núñez, Cristina Pato, Os Trinta de Trives, o gaiteiro de Guillarei e os de Soutelo, son algunhas das persoas representadas nos gravados reunidos nesta mostra que abrirá ao público tralo acto de inauguración que terá lugar o xoves, día 30 de setembro, ás 20:00 h e poderá visitarse ata o 28 de novembro. O capitel de Melide, unha peza do século XIV pertencente á colección do propio museo provincial, complementa esta proposta expositiva dado que representa nunha das súas faces unha escena musical que inclúe un laúde e unha gaita. Na mostra, ademais, poden coñecerse explicacións sobre a orixe da gaita e a súa área de expansión.

Que che parece esta nova?
103 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Ricardo Portela: voces na memoria

Ricardo Portela: voces na memoria

Diferentes voces da música tradicional galega lembraron no CCG ao mítico gaiteiro a través de anécdotas e sorpresas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con César Lombera, Museo de Pontevedra, Carlos Núñez, Susana Seivane...