"As MarÃas" de César Lombera Foto: Concello de Santiago
Onte falecÃa na súa casa de Catoira o escultor César Lombera. Nado en Barakaldo en 1953, Lombera chegou a Galicia de cativo establecéndose a súa familia en VilagarcÃa de Arousa. Iniciou estudios de Económicas en Santiago que deixou para marchar a Francia onde estudiou Artes Plásticas na Universidade de Vincennes. As obras de César Lombera ocupan varios espazos públicos en Galicia, sendo moi coñecidas as que están no parque da Alameda da capital galega, representan ás irmás Fandiño coñecidas popularmente como 'As MarÃas'. Alà tamén hai outra obra súa representando ao escritor Ramón del Valle-Inclán e outra con Isaac DÃaz pardo como homenaxeado. Pontevedra, Vilagarcia, Ourense, Boiro, Carballo ou a Illa de San Simón son outros lugares onde poden verse as súas esculturas. Os restos mortais do escultor serán velados hoxe luns no tanatorio de Abalo (Catoira). O martes serán incinerados nun acto estritamente familia.