Do gaiteiro Ricardo Portela ficaron non só músicas, senón tamén palabras. Así o puxeron de manifesto os numerosos persoeiros do mundo da gaita que onte o lembraron nun acto homenaxe realizado polo Consello da Cultura Galega ao fío da publicación do libro De gaiteiro a gaiteiro, no que o gaiteiro Carlos Núñez recupera o legado musical do emblemático músico.
Nunha sala limitada polas restricións impostas pola Covid-19, un numeroso grupo de profesionais da gaita e da música tradicional galega lembraron onte no CCG a Ricardo Portela. E non era para menos. No centenario do nacemento dun dos máis míticos gaiteiros do século XX, e animados pola curiosidade do gaiteiro Carlos Núñez, artesáns, gaiteiros e musicólogos falaron sobre as conexións entre a música culta e a popular, a dignificación da figura do gaiteiro ou as habilidades artísticas de Ricardo Portela, a quen se comparou cos grandes e míticos mestres de Pontevedra.
"Cando chamaban a Ricardo Portela para as festas, sempre dicía que só ía se no cartel puñan o gaiteiro coas letras do mesmo tamaño que as da orquestra", contaba Antón Corral, unha lenda viva da música tradicional galega e un dos artesáns e mestres históricos da gaita galega. Así aludía Corral á relevancia que daba Ricardo Portela ao oficio do gaiteiro solista. Corral sinalou como desde a fundación do Obradoiro Escola de Instrumentos Populares de Vigo, Corral Portela acudía alí con frecuencia para coñecer as novas xeracións e animalas a continuar. Ás veces, como lembraba Carlos Núñez, acompañábaos nos recitais gratuítos que os rapaces ían dar por centros da comarca. Susana Seivane, tamén presente no acto, tamén confirmaba o agarimo co que trataba aos rapaces. "Dicíame: Susaniña, tocas moi ben pero vas moi rápido. Tes que ir máis tranquila. Mal sabía que tocaba así de rápido por que estaba el diante", refería a gaiteira, aludindo a como Ricardo Portela xa era unha lenda respectada en vida polas novas xeracións, que o tiñan como referente.
"Tiña orella de cocho", engadiu o artesán Álvaro Seivane, cunha expresión típica dos gaiteiros coa que se alude á habilidade de percibir ata os máis mínimos detalles sonoros. Seivane referiu como durante o servizo militar, trala Guerra Civil, a Portela roubáronlle a gaita en Mataró. Pasou décadas encargando gaitas a diferentes artesáns na procura da sonoridade daquela gaita da súa mocidade. Un día, a finais dos 80, visitou o obradoiro dos Seivane na Ribeira de Piquín. Coincidiu que Xosé Seivane, o fundador do obradoiro, estaba entregando unha gaita a un gaiteiro de Madrid. Portela ficou sorprendido e pediu tocar el tamén a gaita. "Ese é o son que tiña a miña gaita!", exclamou. Corenta anos despois, Ricardo Portela atopara o son que lembraba na súa memoria e que levaba toda a vida procurando.
Máis alá da música
Carlos Núñez chamou a atención sobre a recuperación dun mundo que vai máis alá das sonoridades da música gaiteira: o das palabras e a cultura dos artesáns. Un mundo que vai máis alá das partituras e que ten que ver coa riqueza que rodeaba a propia fabricación da gaita. "A diferencia doutros países, que teñen boa parte da súa tradición moi documentada pero xa non viva", sinalou Carlos Núñez, "en Galicia temos a inmensa sorte de que estas tradicións aínda seguen vivas e polo tanto aínda podemos preservar aínda máis".
E aquí vai unha pista que tamén revela a vocación de Ricardo Portela de ser sempre un gaiteiro do seu tempo. Xosé Luis Foxo, director da Real Banda de Gaitas de Ourense, ensinaba nos anos 80 na escola de gaitas Toxos e Xestas de Barcelona. De aquela, Foxo xa compuxera unha das pezas para gaita de nova creación máis coñecidas, e que require certa destreza para ser tocada, a "Muiñeira do Courel". Contou como Ricardo Portela lle enviara unha "carta sonora" para demostrar como el tamén se atrevía a tocar a Muiñeira do Courel. "Facíao moito. Mandaba cartas sonoras, gravadas con radiocassette, na que nos saudaba e tocaba pezas para nós", asegura Foxo. Non só el, a música de moitos grupos galegos cruzaba o Atlántico cara América, gravada en cintas caseiras, mesturando as voces dos gaiteiros que falaban cos familiares cos sentimentos expresados a partir das antigas pezas. Unha cultura e un patrimonio que ía alén das partituras, pero tiña un centro: a gaita.