Cando era un rapaz novo, o gaiteiro Carlos Núñez recibiu unha encomenda dun vello gaiteiro de enorme prestixio: Ricardo Portela: transcribir as súas pezas de orixe tradicional, pero investidas do seu inconfundible selo persoal. O traballo levou trinta anos, pero este 25 de xullo o Consello da Cultura presentou o resultado: Ricardo Portela. De gaiteiro a gaiteiro. Vivencias, transcricións e análise, unha publicación que compila todo un vello xeito de facer música.
Ricardo Portela, derradeiro herdeiro do Gaiteiro de Soutelo, era plenamente consciente de que urxÃa un método efectivo de ensino para transmitir a técnica e interpretación da gaita antes de que aquel tesouro oral desaparecese. Por iso nos oitenta se fixeron varios cursos, entre eles o I Encontro de Mestres de Gaita, no que se falou desa preocupación. Nesa cita estaba Carlos Núñez, que tiña por aquel entón 13 anos e xa despuntaba como gaiteiro. Tres anos despois, cando acababa de cumprir os 16, Carlos Núñez marchou ao Conservatoire de Ploemeur, a aprender de Patrick Molard e Jean-Luc Moign para coñecer as técnicas de ornamentación e aprender a transcribir as partituras para gaita. Daquela visita, e da posterior aprendizaxe, saÃu a transcrición da Muiñeira de Pontesampaio e o xermolo da encarga que dá lugar ao libro. Por diante pasaron dez anos en que Carlos Núñez, armado cun casete, un lapis e un pentagrama aproveitaba cada momento que tiña nunha xa consolidada carreira musical. A Despedida dos santos transcribiuna nos xardÃns de Viena; o Pasarrúas de Campo, en Londres; a Xota de Montrove, en Australia, e o Dandanvo da Vella, camiño de San Francisco. Eran os anos máis intensos das colaboracións con The Chieftains, pero este traballo sempre estivo no seu pensamento.
A complexidade da ornamentación e da dixitación fixo que tivese que botar man do que aprendeu de Portela, dos discos e das gravacións das súas clases que permitiu ir transcribindo nota a nota. Nese traballo non estivo só, a edición dixital completa foi obra do acordeonista Fernando Fraga, que iniciou o camiño hai trinta anos con Carlos e o retomou agora para a publicación.
O repertorio
Portela nunca compuxo. "O seu repertorio nutrÃase maiormente de pezas tradicionais sobre as que se recreaba imprimÃndolles tanto carácter que as facÃa súas" asegura Carlos Núñez na análise das 41 partituras que se recollen nesta publicación. Entre elas hai pezas tan icónicas como Aires de Pontevedra, aprendida de Xosé Sesta e que é o resultado dun arranxo que contén resumidos e compactados fragmentos melódicos da antiga Alborada de Villanueva, asÃ́ como unha simplificación da segunda parte do Pasarrúas de Xan de Campañó. "A historia desta peza é todo un exemplo do sistema creativo no proceso oralidade-memoria-escritura e volta á oralidade" sintetiza Carlos Núñez.
O groso do seu repertorio provén da tradición dos gaiteiros solistas de Pontevedra, pero tamén incorporou pezas compostas por coetáneos como Moxenas coa súa Laranxeira ou Xosé Lois Foxo coa Muiñeira do Caurel, sen esquecer outros "clásicos" da música galega adaptados para gaita, como A Alfonsina.
Un gran gaiteiro que era elo entre épocas
Ricardo Portela nace en Pontevedra en 1920 no seo dunha familia que lle inculca a paixón pola música. Con 14 anos recibe unha gaita en Do brillante de Antonio Represas. Non foi un regalo máis, senón o punto de inicio dunha das traxectorias máis destacadas da gaita galega.
A Portela roubáronlle a gaita e por ese motivo pasa trece anos sen tocar. Desenvolveu a súa vida militar en diferentes localidades, nese tempo casou e iniciou un traballo como protético dental. Esa etapa rematou en 1945 cando recibe un punteiro de Faustino Santalices, co que se reencontra outra vez coa gaita. Emigrou a Venezuela, onde se mantivo moi activo culturalmente e deu forma a Aires de Pontevedra, a súa particular relectura dunha Alborada de Manuel Villanueva de Poio. Regresou a Pontevedra en 1959 e xunto ao seu irmán Jesús realizaron actuacións ocasionais e gravaron tres discos simples en 1968, para os que contaron con Carlos Conde, Elvino Palmeiro e José Iglesias Melitón na percusión.
De 1974 a 1986 traballou no hospital de Montecelo e continuou co estudo da gaita ata que en 1979 descobre as de Xosé Seivane. Con elas prepara a gravación Foliada en Viascón con Xosé Ferreirós e SerafÃn Vicente, de FaÃscas do Xiabre. O impacto desta gravación foi enorme no mundo da gaita, fundamentalmente polo emprego da dixitación pechada. Entre os temas deste traballo figura a peza Aires de Pontevedra, versionada polos grandes nomes da música celta, de Milladoiro a Carlos Núñez, pasando por Patrick Molard ou Robert Mathieson.
Nos oitenta multiplicou as súas actuacións, desenvolveu un intenso labor docente no que dignificou a gaita galega, participou na gravación de varios traballos e ocupou a presidencia da Asociación de Gaiteiros Galegos. Morreu sen rematar o seu último traballo, Pasarrúas de Campañó. Gaiteiros de toda Galicia acudiron ao cemiterio para renderlle unha póstuma homenaxe interpretando conxuntamente a Marcha de San Benito.
A publicación
O Consello da Cultura Galega pon á disposición da cidadanÃa a versión dixital desa publicación, que contén un repertorio de 41 obras transcritas en re, un dos dous sistemas de escritura para gaita que existen en Galicia e que proximamente incorporará tamén o outro (en do). Ademais, conta cun detallado estudo introdutorio a cargo de Carlos Núñez, no que se dá conta do complexo proceso de transcrición que permitirá, en palabras do autor, "recoller, estudar e reivindicar o legado das xeracións anteriores para construÃren novos camiños con toda a solidez e profundidade que lles proporciona a tradición".